ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
03-06-2017

Actos do sábado 3 xuño contra a eucaliptización e as celulosas, polo Día Mundial do Medio Ambiente

Este sábado 3 de xuño, plantación simbólica de eucaliptos na Ferraría de Pontevedra ás 12h e pola tarde ás 19:30 marcha contra as celulosas. Co-organizan APDR, FEG, ADEGa e Cousa de Raíces

+info

02-06-2017

Marcha a pé Ferrol-Mugardos contra a planta de gas de REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e os colectivos que o apoiamos/compoñemos convocamos a 11ª MARCHA A PÉ FERROL–MUGARDOS. Venres 2 de xuño

+info

20-05-2017

Compostaxe e hortas en espiral na Coruña

Que facer cos residuos orgánicos que xeras en casa? Por que non empregas ese pequeno espazo do teu balcón ou terraza para cultivar? Opcións ecolóxicas, sinxelas e revolucionarias. Na Coruña, 20 de maio

+info

18-05-2017

Palestra na Gentalha: Eucaliptizaçom e desgaleguizaçom, dous processos paralelos?

Esta quinta na Gentalha do Pichel, palestra sobre eucaliptos e lingua con Adela Figueroa e Teresa Moure. No marco da festa do dezassete

+info

13-05-2017

Marcha a favor das persoas refuxiadas

Este domingo 13 de maio, marcha solidaria en favor das persoas refuxiadas atá a Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Saída ás 10 dende Melide, Palas, Antas, Santiso e Agolada

+info

06-05-2017 / 6 de maio de 2017

XXV Xornadas de Formación do Proxecto Ríos

O sábado 6 de maio, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XXV Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso serán as especies exóticas invasoras dos ríos galegos.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal