ADEGA

Educación ambiental

Formulario de busca
06-07-2019

XV Encontro de Voluntariado e Bioblitz do Proxecto Ríos

O 6 de xullo de 2019 desenvolvemremos os XV Encontros de Voluntariado do Proxecto Ríos. Continuaremos realizando unha descuberta de biodiversidade ou Biolbitz, desta volta polas ribeiras do río Grou en Requeixo de Grou (Lobios).

+info

31-05-2019

VII Encontro Solar na UDC: vén cociñar co Sol!

Será o venres 31 de maio a partires das 10:30 no aparcadoiro do edificio Xoana Capdevielle (campus de Elviña, UDC). A actividade poderá adiarse por mor da meteoroloxía

+info

Do 25-04-2019 ao 25-05-2019

Se vives en Compostela, solicita o teu composteiro!

ADEGA repartiu recentemente máis de 20 composteiros no centro social da Gracia, en Santiago de Compostela. Con estes xa son mais de 140 composteiros entregados estes dous últimos anos e máis de 700 en total. Solicita o teu!

+info

27-04-2019

XXIX Curso de Formación do Proxecto Ríos

O sábado 27 de abril desenvolveranse os XXIX Cursos de Formación do Proxecto Ríos

+info

06-04-2019

Participa na xornada de repoboación con árbores autóctonas no Couto da Eirexiña

O vindeiro sábado 6 de abril terá lugar, no proxecto de custodia do territorio do Couto da Eirexiña, unha actividade de reforestación con árbores autóctonas. Agardámoste! #CoutoDaEirexiña #ADEGAVigo

+info

Do 22-03-2019 ao 24-03-2019

Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

A fin de semana do 22, 23 e 24 de marzo desenvolverase outra quenda do Campo de Voluntariado Ambiental do río Tea para a eliminación de EEI

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal