ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA no Climate Social Camp de Turín

Do 25-07-2022 ao 29-07-2022

ADEGA no Climate Social Camp de Turín

Entre os días 25 e 29 de xullo celébrase o Climate Social Camp na cidade piamontesa de Turín e ADEGA foi convidada a participar pola Asociación siciliana Ecologia Politica de Palermo, nun festival promovido por Fridays For Future de Turín. Neste encontro foron convidadas a participar multitude de asociacións de todas as partes do mundo. 


ADEGA participará en dúas sesións, unha o martes 26 ás 11.30 no WORKSHOP GREEN ECONOMY AND NEW EXTRACTIVISMS: Practices of opposition to the transition of capital e o mércores 27 ás 9.30h ENERGY: Estraction, Inequality and the new paradigms-

Na primeira das xornadas, faremos un debate xunto coa delegación Saharaui e o colectivo Ecologia Social de PAlermo, sobre os seguintes temas:
Que é o Greenwashing?
Cal é a actual situación sobre enerxía, combustíbeis fósiles e enerxía renovábeis?
Cal é a situación no noso país coa transición enerxética?
Que é o colonialismo e extractivismo?
Que loitas se están levando en torno á enerxía no noso país?
É posíbel unha transición enerxética nun sistema capitalista?


Na segunda das xornadas, será unha actividade máis ampla con colectivos de moitos países no que falaremos do traballo desenvolto nos últimos anos por ADEGA en resposta a actual vaga eólica e o modelo enerxético que propoñemos.
PArticiparán nesta xornada ReCommon, Alfons Perez, Fossil Free Politics Campaign, Patience Nabukalu, Papolo Sharawi, Sofia Pacheco, Leonardo Setti, Somenergia, Comitato No Eni Gela. 

Pegada de carbono

Somos conscientes que acudir a este encontro supón unha pegada de carbono, que entre os desprazamentos en coche, avión e tren, suman un total de 1383,57Kg de CO2 que emitimos á atmosfera e que compensaremos coa plantación de 9 árbores.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal