ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Concentración en Ourense, LUMES NUNCA...

19-07-2022

Concentración en Ourense, LUMES NUNCA MÁIS!

O lume non dá tregua nos montes galegos e nós non o faremos nas rúas. Ao berro de LUMES NO COUREL NUNCA MÁIS!, convocamos unha concentración para esta tarde, 19 de xullo, ás 20.00h, diante da Casa do Chocolate (sede da Xunta) en Ourense, en apoio e mostra de solidariedade coa veciñanza afectada pola lacra dos incendios forestais que está arrasando as nosas máis emblématicas xoias ecolóxicas, no Macizo Central, o Invernadoiro, a Enciña da Lastra, Valdeorras e Oímbra.

De xeito paralelo, en Lugo, celebrarase outro acto reivindicativo, tamén ás 20.00, diante do Multiusos da Xunta en solidariedade coa poboación afectada polos lumes no Courel.

  • O reforzo especial dos dispositivos de prevención e extinción nos espazos naturais de maior valor ecolóxico e ambiental de Galiza, agora e durante todo o ano.
  • Accións inmediatas nas zonas queimadas para evitar a erosión destes solos de extraordinaria importancia e procuar o antes posible a súa restauración.
  • O impulso decidido de políticas estruturais que preserven a biodiversidade natural, restauren os ecosistemas danados e recuperen usos tradicionais dos montes, como o pastoreo ou o uso multifuncional do monte, que contribúen a fixar poboación e a afastar os lumes.
Asiste e difunde!!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal