ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / ADEGA participa no proxecto "Eu Quero...

Do 27-06-2022 ao 31-08-2022

ADEGA participa no proxecto "Eu Quero Razo-Baldaio"

Este proxecto pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Razo-Baldaio. ADEGA, Hábitat e Senda Nova son as entidades que  desenvolverán as accións relacionadas coa sustentabilidade da costa. O Concello e as entidades colaboradoras neste proxecto buscan a valorización da contorna co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte. Ademais das accións propostas por estas entidades, desde o propio Concello tamén se programan outras actividades co mesmo obxectivo, nomeadamente referidas á problemática dos plásticos e microplásticos.

Os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto, as tres entidades realizarán un programa de actividades que se pode consultar na seguinte ligazón: Programa 2022

ADEGA vai desenvolver un programa de actividades na liña do traballo que xa estaba a realizar na zona e na costa galega, nomeadamente na Costa da Morte. En xullo realizaremos 2 xornadas de mañá una de "Explorando as Pozas de Marea" e outra de "Eliminación de Flora Exótica Invasora".

Xa en agosto realizarase unha Limpeza de praias facendo especial fincapé no tema dos plásticos e os microplásticos.

mércores 13 de xullo realizarase a primeira actividade: Explorando as Pozas de Marea. Pódeste inscribir xa na seguinte ligazón:
Actividade 13 de xullo

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal