ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / 17 de maio: Maniféstate pola Lingua!

17-05-2022

17 de maio: Maniféstate pola Lingua!

A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte ADEGA e máis de 500 entidades sociais e culturais do país, convídate o 17 de maio a saír de novo ás rúas de Compostela para "evidenciar que a situación do galego non é irreversível" e "que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua".

A plataforma reclama a posibilidade de vivir en galego agora e sempre e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua. A sociedade galega propón solucións, como a Iniciativa Xabarín, a Iniciativa polo audiovisual galego ou as bases para a normalización da lingua elaboradas pola maioría da representación sindical do profesorado, das anpas, dos movementos de renovación pedagóxica e pola Mesa, mais dende Queremos Galego recordan que para que que estas solucións frutifiquen cómpre que os gobernos galego e español abandonen o desprezo pola lingua galega e garantan a súa presenza e dispoñibilidade "en todo e para todo".


ASINA O MANIFESTO: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua.

Autobuses para acudir á manifestación en Compostela:

  • A Coruña: 981 169 810
    Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical
  • Ferrol: 630 219 861 | 981 358 750
    Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.
  • Lugo: 982 225 812 | 982 280 410
    Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58
  • Vigo: 986 827 900
    • Saída ás 10h, desde o local da CIG
  • Pontevedra: 986 866 205
    Saída ás 10h desde Arcade
    Ás 10:30h de Pontevedra
  • Vilagarcía-Cambados: 986 565 059 – 986 505 323
    - Ás 10:30h en Cambados diante do Concello
    - Ás 11h en Vilagarcia, Fexdega
  • Ourense (desde Monterrei): 988 233 134
    - Ás 8h, Praza do Concello da Mezquita.
    - Ás 8:30h en Verín.
    - Ás 9h, en Xinzo.
    - Ás 9:30h, en Ourense.
    - Ás 10h, no Carballiño.
  • A Mariña: 982581861 | 605 377 317

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal