ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornadas Acción terra - Chamamento...

28-04-2022

Xornadas Acción terra - Chamamento á participación cidadá

A participación cidadá como ferramenta para trazar o camiño en armonía co medio e todas as especies que o habitan, recoñecendo os problemas ambientais actuais, e atopar as posíbeis solucións, tanto a nivel particular como de comunidade sen deixar a ninguén atrás.
Comezaremos a xornada cun relax imaxinativo que nos permita participar no debate dunha forma máis aberta e asertiva. 

De seguido, da man de Adela Figueroa Panisse, poderemos debatir e comentar aquelas problemáticas ambientais, dende un punto de vista persoal ata o social, e trataremos de atopar posíbeis solucións ao respecto. 

Para participar na xornada é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal