ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de Restauración Ambiental no Couto...

02-04-2022

Xornada de Restauración Ambiental no Couto da Eirexiña

O vindeiro sábado 2 de abril convocan unha nova actividade de voluntariado ambiental do proxecto de custodia Couto da Eirexiña. Convidan a volver coller as luvas e as machadas para rematar de deseucaliptizar unha área do monte comunal de Rebordelo.

A actuación permitirá conectar dous espazos xa deseucaliptizados en voluntariados anteriores, logrando así dar continuidade a áreas libres de eucalipto nos terreos de custodia. Pola tarde, despois do xantar comunitario, realizarán un roteiro interpretativo polo río Almofrei.
 
Para participar no voluntariado ambiental podes inscribirte a través deste formulario ata o xoves 31 de marzo ás 13:00h.

Consulta máis información e o programa completo no portal do Couto da Eirexiña.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal