ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Encontro en Compostela: Transformar desde o Local

19-02-2022

Encontro en Compostela: Transformar desde o Local

O vindeiro sábado 19 de febreiro, o Movemento Arredista organiza en Compostela un Encontro Aberto sobre políticas locais e transformación social en torno a cuestións como a participación social dende os concellos, a recuperación de servizos a mans públicas, a construción nacional dende o local e a necesidade de erguer e soster iniciativas sociais que desborden os marcos do sistema. No encontro participará o presidente de ADEGA, Roi Cuba Dorado, na mesa das 19.15 dedicada a debater sobre "O local como ámbito de conflito. Desbordar os marcos institucionais".

Coa ollada posta no reforzo do traballo social e dun traballo institucional ao servizo do avance do proxecto soberanista e a xustiza social, haberá ocasión de achegarse ás experiencias de compañeiras da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Aragón ou Italia para procurar colectivamente máis e mellores ferramentas coas que intervir políticamente no noso país.

Unha oportunidade para coñecer e achegarse a experiencias dende diferentes realidades sociais e políticas que teñen como eixo principal a construción nacional e a transformación social. Iniciativas sociais e institucionais que abren camiños e reforzan o combate a un capitalismo que toma a nivel local formas como as privatizacións de servizos e, no noso caso, dun réxime do 78 cunha crecente pulsión recentralizadora que impón unha lexislación limitadora das posicións políticas que aspiran a mudar a realidade.

En breve, achegarase o programa concreto do encontro.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal