ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ROTEIRO "Lendas da Cova da Serpe" entre...

21-11-2021

ROTEIRO "Lendas da Cova da Serpe" entre Friol, Guitiriz e Sobrado

Este domingo 21 de novembro, camiñaremos pola Serra da Cova da Serpe, e coñeceremos algunhas das lendas aorredor da cova, situada na confluencia dos Concellos de Friol, Guitiriz e Sobrado, e que estivo a piques de desaparecer coa dinamita eólica.

Comezaremos no Camiño de Santiago Norte, preto da aldea A Pena Branca, dende onde subiremos ao alto para acadar as pistas forestais e dos parque eólicos, paralelas á liña dos cumios da Serra da Cova da Serpe ata chegar ata a Cova, orixe de moitas lendas.

Seguiremos o trazado das pistas, ata dar coas aldeas da contorna da parroquia das Negradas, val que se pecha entre os montes desta parte da Serra.Collemos novamente o Camiño Norte, e outra vez a estrada que nos levou ata Pena Branca, pero agora preto de Mariz, pasando polo Vilar.A Dificultade desta andaina e Media/Baixa, tendo en conta que a primeira subida, dende A Pena Branca e o cumio da serra ten unha forte pendente (coincidindo co paso do Camiño de Lugo á Coruña).

Esta ruta é un exemplo da paisaxe rural da Dorsal galega, na contorna da Serra do Cordal de Montouto, Serra da Loba, da Chaira, Guitiriz, a Braña do Boedo (unha das maiores brañas da Península e totalmente descoñecida). Tamén poderemos observar Paporroibo, Miñato, Pombo, acibros, carballos, castiñeiros e bidueiros.

O guía aconséllanos levar chaleco, botas ou calzado forte, bastón, mochila, chuvasqueiro, roupa de abrigo e repouso, auga e comida (xantaremos polo medio da ruta).


Esta actividade pode ser axeitada para rapazas e rapaces de máis de 10 anos con experiencia en sendeirismo. A distancia aproximada é de 9-12Km.Este roteiro faise en colaboración cos colectivos Xermolos e Lareira de Soños.

Reserva a túa praza!

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do venres 19 de novembro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

saída do autobús será ás 9.00 horas da mañá dende a Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro en Lugo (antiga Escola de Maxisterio).

Os roteiros serán de xornada completa. Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982 240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Prezos

  • Xeral: 18€
  • Estudantes ou en paro: 15€
  • Soci@s de ADEGA: 12€
  • Ata 14 anos: 5€
En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono. A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Se a cancelación fose por motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe sempre que se presente xustificante médico.

O bo humor é cousa de todas/os! Anímate a participar!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal