ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / I Marcha en defensa do Monte Grande. Bande

23-10-2021

I Marcha en defensa do Monte Grande. Bande

ADEGA apoia a marcha convocada para o sábado 23 de outubro, pola plataforma veciñal STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA, convoca a primeira MARCHA en DEFENSA DO MONTE GRANDE, espazo ameazado por un proxecto de explotación industrial eólica, en fase previa á tramitación e impulsado pola empresa Greenalia.

De levarse adiante o proxecto tería afeccións severas ao patrimonio, á paisaxe e ao medio natural, en especial á vexetación do Monte Grande, ademais das xa coñecidas e constantes de calquera central eólica sobre a saúde das persoas e sobre as economías familiares dos núcleos de poboación máis próximos.

A camiñada, de recorrido circular, partirá da praza de Bande ás 10 horas do sábado 23 de outubro para subir até a zona da Fonte Santa e baixar de novo cara a Bande nun traxecto dunhas tres horas de marcha. A mobilización pretende chamar a atención da veciñanza de Bande e da comarca do Val do Limia sobre os impactos dunha instalación destas características, cunha ducia de aeroxeradores, unha subestación e
unha nova liña de alta tensión ás portas do Xurés.

Twitter Stop Eólicos Xurés-Celanova
Facebook Stop Eólicos Xurés-Celanova

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal