ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA Lugo participa no Mini San Froilán...

09-10-2021

ADEGA Lugo participa no Mini San Froilán Asociativo

Na mañá do sábado 9 de outubro, un ano máis participamos no San Froilán asociativo, continuando en formato mini. ADEGA Lugo montará un posto no que podes adquirir material e coñecer parte do traballo desenvolto. Ademais durante a xornada terán lugar varias actividades: ás 12h Unha charla sobre as certificacións alternativas, ás 12.45 teatro e ás 13h terá lugar un coloquio sobre o actual espolio eólico, no que participarán asociacións de afectadas, membros do SLG e ADEGA. Achégate ate o fondo da Praza Maior!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal