ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Celebra o 30 Aniversario da FEG

25-09-2021

Celebra o 30 Aniversario da FEG

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que fai parte ADEGA, convídate á celebración do seu 30 Aniversario, evento que leva unha tempada organizando con moita ilusión.  Será o sábado, 25 de setembro, no CS Don Bosco, en Santiago de Compostela. 

Como se pode ver no cartaz, a xornada pretende facer un recoñecemento da historia do ecoloxismo na Galiza, historia que foron tecendo desde ADEGA e doutros colectivos galegos que forman parte da FEG, imprescindíbeis.

Imprescindíbel será polo tanto a vosa presenza neste evento, para o cal recibimos as vosas inscricións NESTE FORMULARIO.

É importante facer a inscrición para poder facer previsións. Veredes que a xornada tamén inclúe o xantar, tempo no que poderemos conversar, vernos en persoa despois do paso do tempo, e festexar co eixo da ecoloxía que nos une. A data límite para inscribirse no xantar é o 20 de setembro.

O programa é o seguinte:
10:45 Recepción e Benvida da Directiva actual da FEG
11:00 Presentación do Proxecto Temos Raíces
11:45 Descanso. Café e petiscos ecolóxicos
12:15 Fitos dos 30 anos de ecoloxía en Galiza, presentado polas persoas que foron coordinadoras da FEG na súa historia
13:45 Xantar de convivio
15:30 Animación musical Zeltia Irevire
16:30 Mesa redonda: o papel do ecoloxismo na transición ecolóxica e emerxencia climática, con convidados/as expertas en soberanía alimentar, decrecemento, activismos xuvenís, biodiversidade. Durante a xornada:

o Proxección “30 anos: 30 imaxes de ecoloxía en Galiza”
o Exposición dos pósters de campañas históricas da FEG

Aproveitamos tamén para enviarvos nos arquivos adxuntos o informe de actividades do 2º trimestre deste 2021, que se presentou na xuntanza do 11 de setembro, da cal tamén achegamos a acta.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal