ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación en Madrid "Renovables...

16-10-2021

Manifestación en Madrid "Renovables SI, pero NON Así"

ADEGA apoia a Manifestación "Renovábeis Si, pero NON Así", convocada pola Alianza Enerxía e Territorio, ALIENTE, e secundada por máis de 160 asociacións e plataformas cidadás de todo o Estado español, para o vindeiro 16 de outubro en Madrid, a prol dun modelo enerxético distribuido e xusto, con beneficios para as persoas, para os territorios e para o planeta. 

Esta mobilización xorde da contestación social ao actual modelo centralizado de produción da enerxía, en mans das grandes compañías, que só pensan en seguir controlando o mercado e os prezos para gañar cada día máis. ALIENTE apela á participación de todos os colectivos e plataformas que se opoñen a este modelo depredador en todo o Estado para que nos oian en Madrid, onde se toman gran parte das decisións sobre o futuro da enerxía, que é tamén o noso futuro.

A marcha partirá o sábado, 16 de outubro, ás 17:00 horas desde a Rúa Atocha e discorrerá ata a Porta do Sol, onde defenderemos o dereito dos pobos a participar nesta transición, democratizando o acceso á enerxía e protexendo os espazos naturais e a biodiversidade.

Se queres asistir á marcha desde Galiza, cubre o seguinte formulario. As reservas poderanse efectuar até o domingo 10 de outubro (incluído).
O luns 11 indicarémosche como e onde facer a transferencia do pago.
Vémonos nas rúas!

Reserva praza!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal