Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornadas de Voluntariado No Monte da Fraga
23-09-2021
Comezou xa Setembro e retomamos as actividades de Custodia do Monte da Fraga.
Nesta ocasión vamos ter dúas actividades o mesmo día. O xoves 23 de setembro realizaremos unha actividade para a Reparación da Charca da UDC e outra para seguir cos traballos de Eliminación de Flora Exótica Invasora.
O punto de encontro para a actividade será as 10,00h da mañá na Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira) ; para a actividade “Reparación de Charcas”
O punto de encontro para a actividade será as 16,00h da tarde na Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira); para a actividade “Eliminación de Flora Exótica Invasora”.
Debido a normativa Covid seguimos con límite de prazas polo que é necesaria a inscrición previa enviando un correo a : itziar@adega.gal ou chamado ao 628378804
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal