ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / AVES: Sostidas no ar

22-08-2021

AVES: Sostidas no ar

Na mañá do domingo 22 de agosto, teremos a oportunidade de aprender algo máis sobre as aves que sobrevoan a nosa cidade, da man de Roi Cuba, presidente de ADEGA. 

Comezaremos a actividade ás 10h da mañá no aparcadoiro do Parque do Miño á altura da Tolda, próximo á UNED. Roi explicaranos cales son as aves máis habituais desta zona de gran biodiversidade. Escoitaremos os seus cantos e observarémolas coa axuda dos prismáticos. De seguido faremos unha pequena andaina polo Parque do Miño e trataremos de identificar as especies que vexamos. A actividade terá unha duración aproximada de 3h.  

Recoméndase levar guías de aves e prismáticos. 

A actividade é de balde, pero para participar é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal xa que as prazas son limitadas, indicando o nome, apelidos, DI e teléfono de contacto. 

Será preciso cumplir as restriccións sanitarias vixentes. 


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal