ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Do 21-05-2021 ao 23-05-2021

Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Continuamos este ano cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea.
Será a fin de semana do 21, 22 e 23 de maio. Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminanado manchas de Acacia dealbata, A. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes.
O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse.

Xa podes anotarte ao campo de voluntariado enviando a ficha de inscrición a ramses@adega.gal ou chamando ao 981 57 00 99/616 238 050

Descarrega a Ficha de Inscrición

Descarrega o Cartaz do Campo

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal