ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Obradoiro "Cociña co sol" (LUME)

04-07-2020

Obradoiro "Cociña co sol" (LUME)

LUME

O lume representa a enerxía, sen a cal os ecosistemas non poden funcionar. Preguntarémonos sobre as diferentes formas de enerxía, das que o sol é fonte inesgotable.
 
Comezaremos ás 10h na praza Maior, diante do Concello. Traballaremos o manexo da enerxía solar no uso cotiá. Aprenderemos a fabricar o noso propio forno solar con materiais de refugallo e mostraremos como cociñar co sol. Este obradoiro organízase en colaboración co Banco de Tempo de Lugo. 

Material necesario que debes traer: Caixa grande de cartón (40x30x40cm), papel de aluminio e cubertos para o xantar.

Reserva a túa praza!

É preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando o teu nome, apelidos e teléfono de contacto. 

Actividade de balde con prazas limitadas a 15 persoas.

Para previr a propagación da COVID19 é preciso que traias a túa máscara e manteñas a distancia de seguridade de 1,5m. Dispoñeremos de xel hidroalcólico durante o obradoiro.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal