ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Nova inspección de primavera no Río...

20-06-2020

Nova inspección de primavera no Río Segade (Lugo)

Inspección campaña primavera 2020

O vindeiro sábado 20 de xuño, a plataforma Lugo de Cara ao Miño, da que forma parte ADEGA, organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Río Segade.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

Dada a situación que estamos a vivir, é preciso o uso de máscara durante a actividade, e as prazas limítanse a 15 persoas, polo que é preciso reservar plaza chamando ao número 982240299/ 677800293 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal