ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Seguemento e coordenación da...

Do 06-03-2020 ao 08-03-2020

Seguemento e coordenación da localización e recollida de aves abeiradas

ADEGA e o Grupo Naturalista Hábitat organizamos entre hoxe día 6 e o vindeiro domingo 8 de marzo, un dispositivo de inspección de praias, recollida de aves abeiradas e avaliación deste grave episodio de contaminación mariña.

Dende ADEGA xestionamos o reparto de persoas interesadas no seguemento das praias (Maria Canedo) e dende Hábitat compilan o número de aves afectadas para a realización dun informe (Atocha Ramos e Cosme Damián Romay).

Se queres participar, liga co teléfone 651482305 (María Canedo, ADEGA)

Achegamos listaxe dos distintos grupos de inspección e praias de actuación.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal