ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Presentación "Un camiño de...

05-03-2020

Presentación "Un camiño de volta ao natural" de Bodegas Lodeiros


Warning: Illegal string offset 'texto_axendaparrafo_idiomaweb' in /srv/www/vhost/adega.gal/www/web/contenido/ficha_evento.php on line 154

ADEGA e a Fundación Eira veñen de asinar un acordo de colaboración coa empresa Bodegas Lodeiros para favorecer a promoción e conservación do bosque galego, e nomeadamente, do teixo galego. 

Bodegas Lodeiros dedicará desde este ano 2020 en adiante, cando menos o 3% dos seus ingresos por venda do Vermú Lodeiros a iniciativas que favorezan a preservación do medio natural galego.

O obxectivo é vincular a nova imaxe do Vermú Lodeiros a accións de sustentabilidade e ao desenvolvemento de proxectos ecolóxicos en Galiza.

A colaboración de ADEGA e da Fundación Eira

ADEGA e a Fundación Eira acordaron con Bodegas Lodeiros iniciar un ciclo de accións a prol da preservación ambiental en Galiza na Eira da Xoana. A primeira actividade enmarcada dentro deste convenio consistirá na restauración do bosque natural e autócton en fincas propiedade da Fundacióin Eira, no lugar de Ramil, no concello de Agolada. 

Ambas entidades aproveitarán tamén esta oportunidade para encetar unha campaña de recuperación do teixo, unha especie autóctona que está practicamente desaparecida do país e que urxe accións de recuperación. 

Por outra banda, valoran positivamente establecer acordos de colaboración para o coidado da terra con empresas que traballan pola sostibilidade, como é o caso de Bodegas Lodeiros. Esta empresa familiar, que foi fundada en 1910 en Santiago de Compostela, ademais de contribuír á xeración de emprego local e ser 100% galega, aposta tamén polo envase retornable (leva máis de 3 millóns de botellas reutilizadas) e polo comercio de proximidade. Así mesmo, as botellas dos produtos de Bodegas Lodeiros están exentas e plástico e usan etiquetas producidas con residuos de mazá.

Acto de presentación do acordo de colaboración

O acto de presentación terá lugar este xoves, 5 de marzo, ás 20:00 horas, no local Nora Tattoo Compotela (Rúa Nova, 5).

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal