ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 44ª Asemblea Xeral de ADEGA en Carballo

Do 29-02-2020 ao 01-03-2020

44ª Asemblea Xeral de ADEGA en Carballo

O sábado, 29 de febreiro, ADEGA celebrará a súa 44ª Asemblea Anual Ordinaria no Fórum Carballo, no concello de Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, Carballo, A Coruña). Para ese mesmo día, convócase no mesmo lugar unha Asemblea Extraordinaria.

O xantar terá lugar no Fórum Carballo, e a Cea de Confraternización no Hostal Río Sil, no decurso da cal se fará entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2019.Ao día seguinte, domingo 1 de marzo, ADEGA realizará unha visita á costa de Razo-Baldaio (Carballo), dirixida ao público en xeral e ás persoas asistentes á Asemblea que fiquen a durmir en Carballo.

Asemblea Extraordinaria (Orde do Día)

-10:00 (1ª convocatoria); 10:10h (2ª convocatoria): Apertura.
-10:10h a 10:20h: Aprobación, de proceder, da modificación Estatutos.-
-10:20h
a 10:30h: Aprobación, de proceder, da cesión local de ADEGA en Lugo á Fundación Eira.

Asemblea Xeral Ordinaria (Orde do Día)

Sesión de mañá

-10:30h (1ª convocatoria);10:40h (2ª convocatoria): Apertura.
-10:45h Aprobación, de proceder, da acta anterior.
-10:50h a 11:15h Informe económico e orzamento e proposta modificación de cuotas.
-11.15h a 11.45h Balanzo de actuacións 2019.

-11:45h a 12:00h Descanso.

-12:00h a 12:40 Informe organizativo e propostas de mellora. Proposta sobre vogalías e comisións de traballo
-12.40h a 13:30h: Debate e aprobación dos documentos e informes.
-13:30h a 14:30h Liñas estratéxicas 2020. 
-14:30h: Xantar ecolóxico-vegano. 

Sesión de Tarde

-16:00h a 16:30: Presentación temas de debate sobre Transición Ecolóxica.
-16:30h a 18:00h: Traballo en grupos.
-18:00h a 18:45h: Presentación de conclusións dos grupos de traballo e debate conxunto.
-18:45h a 19:00h: Propostas de resolución
-19:00 a 19:15h Saúdo aos convidados/as 
-19:30h Encerramento. 

-20.00h: Cea de Confraternización e entrega de Premios Osíxeno e Dioxina 2019.

Actos festivos e reservas

  • Sábado, 29 febreiro, ás 20:00 h: Cea de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2019. O acto terá lugar no Hostal Río Sil (Rúa Río Sil, 43, Carballo). 
  • Domingo, 1 de marzo, ás 11:00 h: Visita guiada á costa de Razo-Baldaio.

Será imprescindible facer reserva antes do mércores 26 de febreiro para xantar, cea, durmida visita. Na reserva haberá que indicar preferencias de menú.

Contacto para as reservas: teléfono 981570099; e-mail: adega@adega.gal

Notas importantes para os socios e socias

-Recibiredes unha copia dixital de todos os documentos asemblearios nos vosos enderezos electrónicos.
-No lugar da Asemblea haberá só algunhas copias en papel.
-Pódense achegar as propostas de resolución por escrito até o mesmo día da Asemblea (adega@adega.gal).

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal