ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro "Mádia Leva, 12 anos na...

23-02-2020

Roteiro "Mádia Leva, 12 anos na historia de Lugo"

O vindeiro domingo 23 de febreiro, continuamos co programa de roteiros, esta vez da man do CS Mádia Leva, que nos amosaran os puntos máis emblemáticos de Lugo na actividade do centro social: A Historia do Mádia-Leva en Lugo, ou a Historia de Lugo dende o Mádia-Leva, ou Mádia-Leva na Historia de Lugo.

Saímos da Praza dos Mártires de Carral, entramos no Lugo amurallado e revivimos aspectos importantes da importante pegada da nosa cidade no Nacionalismo Galego. Saímos de Lugo por onde transitaba o trovador Esquío e no antiguo barrio do Carmen collemos o Camiño, un deles, e tiramos cara ó Miño, a nosa Raia Húmida, a nosa muralla de auga, onde miraremos, veremos, falaremos e despois xantaremos para rematarmos o Roteiro.

Podes ampliar a información do roteiro aquí.

Programa de roteiros "Tecendo Redes" de ADEGA Lugo

A través do programa de roteiros "Tecendo Redes" ADEGA trata de poñer en valor a importancia que ten para a defensa do medio ambiente e do patrimonio a colaboración, sinerxías, e redes que se tecen entre os distintos colectivos sociais, ben sexan ecoloxistas, culturais, veciñais, sectoriais, etc. Por isto, para o desenvolvemento destes roteiros contarase coa colaboración de diversos colectivos locais de diverso carácter cos que ADEGA mantén relación e ten tecido rede que nos guiarán e acompañarán en todas estas rutas. 

Durante as andainas, ademais de gozar da paisaxe, do contacto coa natureza e da compañía de todas as persoas participantes, tamén se porá en coñecemento o extraordinario labor que desenvolve cada unha destas entidades na súa localidade ou zona de influencia, de cara a divulgar, preservar ou poñer en valor o seu patrimonio natural e cultural. Estas entidades de carácter local realizan un labor e representan unha función na defensa do patrimonio común e colectivo que merece ser reivindicada e divulgada. Ademais, elas serán as guías dos roteiros de ADEGA-Lugo deste curso.

Reserva praza

Na propia web de Roteiros de ADEGA-Lugo irase  actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a túa reserva. 

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do xoves anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades. A tarifa deste roteiro son 5€ (xeral) e é de balde para as persoas socias de ADEGA.

O punto de encontro será ás 10h no xardín de San Roque. 

O roteiro será de xornada completa. Recoméndase aos participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal