ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Constitución da Plataforma Salvemos...

14-02-2020

Constitución da Plataforma Salvemos Paradela

O vindeiro venres a veciñanza de Paradela apoiada por ADEGA reúnense para constituír a “ Plataforma Salvemos Paradela”.

Este concello, como tantos outros en toda Galiza, vense afectados pola construción de novos parques eólicos, dando prioridade ao uso industrial do solo fronte ao benestar e bo vivir das persoas no rural.

No caso de Paradela, as ventoíñas están ao pé das casas, gardando unha distancia insuficiente de 500m. No caso da liña de evacuación de alta tensión soterrada, pasa a tan só 20m dalgunha vivenda.

Todas as persoas, asociacións, colectivos e partidos políticos están convidados a participar. A reunión terá lugar n’O Foilebar ás 16.30h do venres 14 de febreiro.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal