ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Visita a expo "Desenfoque...

Do 05-03-2020 ao 12-03-2020

Visita a expo "Desenfoque Climático"

ADEGA colabora con esta iniciativa que consiste nun proxecto expositivo que busca aunar arte e xuventude para concienciar á sociedade da relevancia do quecemento global.

"Desenfoque climático" é unha exposición colectiva comisariada polos alumnos de CPR O Raio Verde en colaboración co Concello de Santiago de Compostela na área de Mocidade e con ADEGA. Poderase ver do 5 ao 12 de marzo na sede da SGAE de Compostela.

Neste evento participaron novos talentos galegos de fotografía, de entre 18 e 25 anos. O obxectivo é xerar un espazo de pensamento crítico e arte colectiva para transmitir unha mensaxe reflexiva sobre os cambios que está sufrindo a natureza e como afecta á sociedade.

A selección de obras participantes foi evada a cabo polos recoñecidos fotográfos galegos Aigi Boga e Sue Rainbow que tamén agasallaron a exposición con dúas obras orixinais elaboradas para a ocasión. 

Desde ADEGA agradecemos ao alumnado do CPR Raio Verde por contar coa nosa colaboración nesta interesante iniciativa.

AIGI BOGA: https://www.instagram.com/aigiboga/
SUERAINBOWPHOTO: https://www.instagram.com/suerainbowphoto/

@desenfoqueclimatico2020
Contacto: desenfoqueclimatico@gmail.com

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal