ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Lugo de Cara ao Miño organiza unha nova...

11-02-2020

Lugo de Cara ao Miño organiza unha nova andaina de custodia

O vindeiro martes 11 de febreiro, a plataforma Lugo de Cara ao Miño, organiza unha nova andaina de custodia do río Miño. O punto de saída será ás 17h dende a área recreativa que hai perto da EDAR de Lugo.

Podes saír directamente ao punto de encontro, ou contactar con nós chamando ao 982240299, para organizarmos e compartir coche.

Andainas de custodia

Con estas andainas, o que se pretende é coñecer o estado das beiras do río, así como a calidade das augas. Farase un pequeno recoñecemento da flora e fauna presente, ademais da recollida do lixo, que por desgraza é habitual atopar. 

Despois de cada andaina, realizamos un breve informe, que é presentado na CHMS no caso de observar algún foco de contaminación ou algunha irregularidade.

A plataforma Lugo de Cara ao Miño

As reunións da plataforma realízanse cunha periocidade de 2-3 semanas no local de ADEGA. Se queres participar, ou informarte podes chamar ao 982240299. 

A vindeira reunión será o luns 24 ás 20h no local de ADEGA (Ronda das Fontiñas 180, Ent. Lugo).

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal