ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / É posible unha minaría sostible?

05-02-2020

É posible unha minaría sostible?

Este mércores día 5 de febreiro ás 20h na cafetaría da EPS de Lugo, terá lugar unha nova edición dos Encontros de Lúa Chea. Esta vez o debate xurde coa pregunta É posible unha minaría sostible?

Adela Figueroa participará en representación de ADEGA aportando o punto de vista ecoloxista. A visión por parte da industria a dará Diego López González, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia. O debate será moderado por Marcelino Maneiro, do departamento de Química Inorgánica da USC.

A Xunta vén de denegar a Declaración de Impacto Ambiental para a reapertura da Mina de Touro pola insostenibilidade do proxecto; o que parece ser un bo punto de partida do debate. 


Encontros de Lúa Chea

Os Encontros de Lúa Chea son encontros informais organizados por Proxéctate en galego, para divulgar diferentes temas que teñen un interese xeral. O decrecemento, os incendios, outras economías, a caza ou micromachismos, foron algúns dos temas tratados no 2019.

Veñen celebrándose desde 2015, e teñen unha periodicidade mensual ao longo do curso académico, nos seráns dos mércores ou xoves máis achegados á noite de lúa chea.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal