Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de voluntariado no Monte da Fraga
25-01-2020
Para comezar coas actuacións de custodia no Monte da Fraga en 2020 organizamos esta actividade de voluntariado, que consiste nunha plantación de loureiros no borde superior da ladeira coa intención de facer un filtro verde. Esta plantación comezou o curso pasado e este ano darémoslle continuidade.
Participa activamente na recuperación dun espazo, estes terreos pertencentes a universidade antigamente eran un eucaliptal grazas ao cambio de xestión e labouras de voluntariado estámolo transformando nun espazo agradábel de lecer, aumentando a biodiversidade e pola súa situación na contorna da cidade da Coruña, axudamos á cidade a rebaixar as emisións de CO2 á átmosfera.
O horario desta xornada é de 11h a 14h se non é posible asistir durante toda a xornada, indícanos a túa dispoñibilidade.
Se queres tamén podes traer o teu loureiro, se tes finca ou coñeces algún lugar onde os haxa podes traer o loureiro para plantar. Se non podes vir a plantar pero podes achegarnos os loureiros tamén é unha contribución.
Os obxectivos desta xornada son:
- Implicar a sociedade na recuperación dun espazo.
- Facer un filtro verde con loureiro
Programa:
11:00h Encontro na área de compostaxe da Praza da Fraga (A zapateira)
11:05h Recollida de compost na área de compostaxe da Praza da Fraga
11:20h Comezo da plantación do Monte da Fraga
14:00h Fin da actividade
Data e hora: 25 de xaneiro de 11:00h- 14h Lugar: Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira)
Dirixido a:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal