ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Roteiro polas terras de Arzúa, Melide e...

16-11-2019

Roteiro polas terras de Arzúa, Melide e Toques

PROGRAMA:   

09:00 h:
Xuntanza dos coches na rúa Valle Inclán de Santiago, a carón do Museo de Arte Contemporánea; desde este lugar sairán cara Arzúa todos os coches xuntos.
As persoas que vaian directamente a Arzúa  e, por tanto, sen acudir ao punto de encontro da rúa Valle Inclán, deberán seguir as indicacións do punto 2.

09:50 h: Visita guiada á Fonte Santa da capela do mesmo nome situada uns 4 km antes do pazo de Brandeso. Celso Magarinhos explicaranos as lendas que existen sobre esta fonte milagreira e persoas de ADEGA falarannos da carballeira. A continuación visitaremos un muíño de maquía e o seu muiñeiro, Xosé Conde, faranos unha demostración da moenda.

 11:15 h:
Visita guiada polo profesor da USC, doutor Juan Varela Durán, ao pazo de Brandeso (nel desenvólvese a novela Sonata de Otoño, de Ramón del Valle-Inclán). Persoas de ADEGA falarannos das plantas e das árbores do seus xardíns e da finca lindeira.  

13:00 h:
Visita guiada a Stª María de Melide. Explicacións a cargo de Xosé Antonio Vicente, coidador desta igrexa románica que conserva pinturas da época medieval.  

14:15 h:
Xantar (optativo) en Raxería Ramos, Avda. de Lugo, nº 44. Melide, teléfono 981-507667.

15:30 h
Saída nos coches desde a Raxería Ramos para a fervenza de Toques  

16:30 h: Baixada a pé dos 3 km
que levan ata a fervenza. Persoas de ADEGA explicarannos a flora e vexetación do treito polo cal camiñaremos.

17:30 h:
Desprazarémonos nos coches desde a fervenza ata S. Antoniño (6 km)  

18:00 h:
 Visita guiada á igrexiña altomedieval de S. Antoniño de Toques. As explicacións deste monumento correrán a cargo dun/ha integrante da AC. O Galo e as do seu contorno natural a cargo de membros de ADEGA. Ao rematar  regrésase a Santiago de Compostela.


CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA:  


1. Este roteiro faise en coches privados e, como é norma na AC. O Galo, os seus socios teñen preferencia, para a asignación das prazas nos coches.
Poden anotarse persoas con coche ou sen coche. Quen teña no seu coche prazas libres a disposición doutras persoas, agradecemos que o comuniquen canto antes ao teléfono 659-683384. A quen leve o coche, pagaráselle a viaxe de ida e volta; neste caso, e desde Compostela, serán un total de 6 euros por persoa e, de ir no coche 4 ocupantes máis condutor/a, serán un total de 5 euros por persoa.
2.  As persoas que vaian directamente, en Arzúa collerán a estrada que vai cara á Vila de Cruces, a uns 4 km, moi pouco antes do letreiro indicador que pon Brandeso, collerán unha pista á esquerda e a uns 250 m xa atopan a capela, o muíño e a Fonte Santa.
3.
   Cadaquén pode xantar pola súa conta onde considere. Pero cómpre que estea na Raxería Ramos ás 15:30 h, para saír cara á fervenza e S. Antoniño.
4.
   O menú na Raxería Ramos (tanto o vexetariano como o que ten carne) custa 11 euros por persoa, que se pagan ao entrar no comedor. Para xantar nela, o mesmo que para unicamente anotarse á visita guiada, hai que escribir un correo electrónico a  comunicacion@ogalo.gal  antes do 14 de novembro de 2019 ás 18h, especificando:
3A  No caso de non xantar co grupo: Nome, apelidos, correo electrónico e número de teléfono de tod@s cant@s acudan á visita guiada sen ir xantar á Raxería Ramos.
3B  No caso de si xantar na Raxería co grupo, indicaredes nome, apelidos, correo electrónico e número de teléfono e indicaredes a sobremesa e o primeiro prato elixido do menú con carne. De optar polo menú vexetariano, cómpre que digades cal das sobremesas escolledes.
3C  Tamén debedes avisar con anterioridade ao día 15.11.2019 antes das 15h. se, despois de estar anotad@s, non ides vir ao xantar.
5.
  Os menú CUSTA 11 (ONCE) EUROS e inclúe:
MENÚ CON CARNE (11 EUROS): Auga, viño ribeiro, refrescos, pan e 1º PRATO: A elixir entre empanada de touciño entrefrebado con queixo  ou macarróns con cogumelos. Cómpre escoller un ou outro.
2ª PRATO: Raxo e churrasco de porco con ensalada (as 3 cousas)
SOBREMESA: A elixir unha entre as seguintes: flan feito na casa ou torta que mercan fóra (de chocolate, de queixo ou torta xeada)
MENÚ PARA VEXETARIANOS (11 EUROS):
  Auga, viño ribeiro, refrescos, pan e 1º PRATO: Macarróns con cogomelos.
2ª PRATO: Ensalada variada
SOBREMESA: A elixir unha entre as seguintes: flan feito na casa ou  torta que mercan fóra (de chocolate, de queixo ou torta xeada)
6.  Rogamos que vos apuntedes canto antes en: comunicación@ogalo.gal precisando se ides xantar ou non co grupo, que menú escolledes e cal dos dous primeiros pratos, isto último no caso de preferir o que leva carne. Tamén que nos informedes se ides directamente para a Fonte Santa, lugar onde comezamos ás 09:50h esta visita guiada-roteiro. E lembrade que imos a unha zona fría e que andaremos polo campo, malia a que imos por terreo chan ou costa abaixo.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal