ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / IV Foro Labrego de Agroecoloxía:...

Do 16-11-2019 ao 17-11-2019

IV Foro Labrego de Agroecoloxía: Emerxencia alimentaria e soberanía climática

A vindeira fin de semana, ADEGA participará no IV Foro Labrego de Agroecoloxía organizado pola Asociación Herbamoura e coa colaboración do Sindicato Labrego Galego. Será o sábado 16 e domingo 17 de novembro, en Padrón.

ADEGA participará cunha charla sobre a xestión de residuos no Concello de Allariz, onde está a desenvolver un program de compostaxe, que impartirá a vogal de residuos de ADEGA, María R. Lafuente, o domingo 17 ás 12.30 horas no Convento de Herbón. Compartirá mesa con Xoán Doldán, que falará sobre o consumo de recursos para alimentar o consumo tecnolóxico, con Iván Lombardero do SLG, experto en consumo enerxético, e Xan Xosé Neira da Politécnica de Lugo, que falará sobre o consumo de auga atendendo aos diferentes modelos de produción. 

ADEGA tamén participará na mesa de debate de peche de xornadas sobre os escenarios de futuro que se nos presentan para afrontar a emerxencia climática. Nesta mesa intervirá a secretaria executiva de ADEGA, Belén Rodríguez, xunto con Nacho Jorganes de Verdegaia e un representante do movemento Extinction Rebellion.

Para participar é preciso inscribirse previamente en: bit.ly/FormularioIVForoAgroEco 

A continuación presentamos o programa.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal