ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada: Traballando pola Educación...

18-10-2019

Xornada: Traballando pola Educación Ambiental en Galiza

O vindeiro venres, 18 de outubro, ADEGA participará nunha Xornada de reflexión e divulgación organizada polo Observatorio Galego de Educación Ambiental no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) de 10 a 14 horas. O obxectivo será dar a coñecer o traballo realizado polos membros do Observatorio Galego de Educación Ambiental así como as súas liñas e propostas de traballo para o futuro. Ramsés Pérez, educador ambiental de ADEGA, falará da Educación Ambiental desde o Ecoloxismo.

A sesión estará dirixida a Profesionais do ámbito da Educación Ambiental, Educación Social, Dinamización Cultural, Xestión Ambiental, Xestión Municipal, Profesorado ou Público Xeral Interesado.

Programa
10.00 h. Inauguración.
10.30 h. Bloque I: O papel das Administracións Públicas:

  • Programa Escola Verde e Programa Eventos Sustentables. Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
  • Proxecto piloto “Un parque para todos”: Programas de inclusión no Parque Nacional. D. José Antonio Fernández Bouzas. Director Conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
  • Plan Proxecta: Innovación en Educación Ambiental nos centros educativos galegos. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
12.00 h. Pausa
12.30 h. Bloque II: O papel da sociedade civil:
  • A Educación Ambiental dende o ecoloxismo. D. Ramsés Pérez Rodríguez. Coordinador da Área de Educación Ambiental de ADEGA.
  • O papel da Federación Ecoloxista Galega na Educación Ambiental. Dna. Begoña Balsa Alonso. Federación Ecoloxista Galega
  • A Sociedade Galega de Educacion Ambiental como lugar de encontro e movilización. Dna. Araceli Serantes Pazos. Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA)
14.00 h. Clausura.Inscrición

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal