ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Xornada de eliminación de flora...

14-09-2019

Xornada de eliminación de flora exótica invasora en Louro

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental que se celebrará o sábado 14 de setembro. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é a Lagoa de Louro (Muros) que forman parte do LIC Monte e Lagoa de Louro. ADEGA continúa así a desenvolver un programa de educación, divulgación e voluntariado ambiental que contempla actuacións centradas na conservación de especies e hábitats na xeografía galega e na loita contra as especies exóticas invasoras.

Con esta iniciativa dase continuidade ás accións en Louro iniciadas en 2015 e continuadas en 2017.
Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e dunha pequena introdución á problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo, para os que o voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. O voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse.
Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez:
e-mail: ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050

PROGRAMA:

10:30 Introdución á problemática das especies exóticas invasoras.
11:00
Traballos de eliminación de flora exótica.
15:00
Xantar.
16:00
Roteiro e observación de aves pola lagoa de Louro.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal