ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA Vigo participa na mesa redonda "A...

18-07-2019

ADEGA Vigo participa na mesa redonda "A soberanía como necesidade social"

O vindeiro xoves 18 de xullo, ADEGA Vigo participará na mesa redonda "A soberanía como necesidade social", que terá lugar, ás 20:30h, no C.S.A. a Cova dos Ratos (rúa Romil nº 3, Vigo).

Esta mesa redonda está organizada polo BNG Vigo e Galiza Nova, e atópase enmarcada dentro do ciclo de actividades que se están a desenvolver durante a programación da IV semana da matria en Vigo.

Durante a mesa redonda, ADEGA Vigo achegará unha visión sobre o estado da situación ambiental na que se atopa Galiza, facendo fincapé naqueles principais impactos ambientais que están afectando ao territorio. Desde o monocultivo de eucalipto, pasando polo grande impacto que xeran os parques eólicos, intentarase achegar na mesa redonda un discurso que recolla as principais problemáticas ambientais que afectan a Galiza. Problemáticas que, ante o contexto actual de Cambio Climático, con certeza empeorarán e agravaranse nas próximas décadas.

Xunto a nós, estarán partillando mesa outros axentes sociais do país, os cales desenvolverán temas sobre o estado actual da cultura, da saúde, da educación e do eido laboral na Galiza.

Achégate e anímate a partillar a túa opinión!

ADEGA Vigo

Información da actividade

Día: 18 de xullo
Lugar: C.S.A. a Cova dos Ratos (rúa Romil nº 3, Vigo)
Hora: 20:30H
Organiza: BNG Vigo e Galiza Nova

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal