ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración en Lugo contra a caza do...

27-01-2019

Concentración en Lugo contra a caza do raposo

O vindeiro domingo, día 27 de Xaneiro, terán lugar de xeito simultáneo en diferentes cidades do Estado concentracións de rexeitamento contra os campionatos de caza de raposos.

En Lugo unirémonos ás protestas desde a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre, da que forma parte ADEGA. A concentración será na Praza Maior de Lugo ás 12.00 horas.

Este tipo de campionatos están inxustificados e carecen de calquera valor ético ou moral. Ademais, os raposos son fundamentais para asegurar a saúde do medio e o control de graves enfermidades como a borreliose ou enfermidade de Lyme.

Reclámalle a Xunta que poña fin a esta clase de eventos e que deixe de subvencionalos. Acude!
#NONACAZADORAPOSO

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal