ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Solsticio de inverno na Eira da Xoana

21-12-2018

Solsticio de inverno na Eira da Xoana

Por noveno ano consecutivo, a Eira da Xoana celebrará o solsticio de inverno: o dia 21, venres, a partir das 17 h.

Festexamos o triunfo da luz sobre as tebras e a chegada dun novo ano. Recollendo dos clásicos e das avoas a tradición, haberá lume (tizón de Nadal), cea convivio (cada quen leva algo para compartir) e na sobremesa tronco de Nadal.

Tamén haberá teatro, música, poesía…e a visita do Apalpador á xente miúda. Contamos con vós, contamos contigo! Até o 21!.

Para chegar a Eira preme aquí


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal