ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Reforestación participativa no Monte da...

Do 13-12-2018 ao 20-12-2018

Reforestación participativa no Monte da Fraga (A Coruña)

Nas xornadas expoñerase unha breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia, e farase traballo de campo con ferramenta manual para a plantación de especies autóctonas.

Datas: 13 e 20 de decembro
Punto de encontro: Charca do Monte da Fraga*

A cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.

Programa organizado en 4 quendas de traballo de campo:

Quenda 1: xoves 13 de 10 a 11:45h
Quenda 2: xoves 13 de 12:15 a 14h
Quenda 3 xoves 20 de 10 a 11:45
Quenda 4: xoves 20 de 12:15 a 14h

Cada persoa pode escoller participar en unha ou mais quendas, inscribíndose en oma2@udc.gal, indicando nome, apelidos, NIF e quenda(s) nas que te queres anotar.

A participación é libre ata completar as prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

Recoméndase roupa e calzado cómodos.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal