ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Semana Europea da Prevención de Residuos

Do 17-11-2018 ao 25-11-2018

Semana Europea da Prevención de Residuos

Un ano máis sumámonos á Semana Europea da Prevención de Residuos http://www.ewwr.eu/es/ideas/ideas-for-actions  terá lugar do 17 ó 25 de Novembro.  

O obxectivo é organizar durante unha mesma semana e en toda Europa, accións  de sensibilización sobre a prevención de residuos, dar a coñecer estratexias de redución de residuos e a política da Unión Europea e dos seus Estados membros nesta materia.  

ADEGA apoia firmemente esta campaña de sensibilización e mediante distintas accións, que estarán abertas á cooperación cidadá e da comunidade educativa, anímate e actúa connosco!!

Accións

Que se vai levar este ano?
Acción centrada en informar á poboación sobre as alternativas ao uso de bolsas de plástico que se desenvolverán durante a semana de 17 a 25 en redes sociais.  
Facebook: https://www.facebook.com/adega2.gal/
Twitter: https://twitter.com/ADEGAgz

Concurso ao mellor mural e/ou exposición coa temática: “Como reducir os residuos?”
Os participantes son os centros de ensino da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. O resultado final do conxunto de murais creados nos centros educativos participantes publicaranse no facebook da Manc de concellos da Serra do Barbanza e o que acade maís gústame será o gañador. Durante toda a semana publicaremos os traballos realizados polos centros.
MC Serra do Barbanza http://www.adega.gal/info.php?id=43&idioma=gl&sec=99   

Ecoauditoria  de residuos
no CEIP de Ventin en Ames o martes 20 de Novembro

Obradoiro de bolsas de tea con roupa vella no CEIP de Ventin en Ames o martes 20 de Novembro

Reparto de composteiros doméstico
s co concello de Santiago de Compostela nas  Parroquias  de Villestro e Laraño o xoves 22 de Novembro  

Mais info: residuos@adega.gal 981 570099 ou 628 378 804  (María ou Raquel)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal