ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXVIII Curso de Formación do Proxecto...

29-09-2018

XXVIII Curso de Formación do Proxecto Ríos

O 29 de setembro realizaremos as XXVIII xornadas de formación do Proxecto Ríos, adicadas a coñecer experiencias didácticas arredor dos ríos.

Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río. Os cursos de formación realízanse na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con en Vilagarcía de Arousa.
Ademais, trátanse outros aspectos de interese sobre os ríos. Este outono de 2018 a temática é coñecer os recursos didácticos que ofrece o Proxecto Ríos e os ríos en xeral. Compartirá con nos o proxecto "Escola do Río" o CPI Mosteiro de Meis e o CIFP Portovello de Ourense.
Se estás interesado/a en participar, anótate!
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal