Inicio / Axenda / Educación ambiental / Charla e mesa participativa sobre a compostaxe en...
25-09-2018
O martes 25 de setembro en Allariz celebraremos unha xornada sobre a compostaxe. Por unha banda queremos mostrar á cidadanía os resultados de tres anos dende que se instalaron os composteiros comunitarios, as melloras na separación selectiva, recollida de vidro e restos orgánicos na hostalaría entre outras.
Aproveitamos a ocasión para coñecer experiencias que se están a levar a cabo noutros lugares, convidamos a Eduardo Cordero de Larrabetzu (Bilbao) impulsor do proxecto de agrocompostaxe. Isto consiste na separación selectiva da materia orgánica e posterior tratamento por parte de diferentes agricultores con aportación económica por parte do municipio. Contaranos mais polo miúdo o funcionamento do proxecto.
Por ultimo queremos convidar a todas as persoas, entidades, asociacións de Allariz a reflexionar sobre o proxecto e pasos a dar na mellora da reciclaxe e da compostaxe.
Sen a participación das persoas na separación en orixe ningún proxecto de reciclaxe é posible!!
Recomendamos inscricións en : compostaxe@adega.gal
Persoa de contacto: María R. Lafuente 628378804
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal