ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XI Limpeza Simultánea de Ríos

30-09-2018 / 30 de setembro de 2018

XI Limpeza Simultánea de Ríos

Este ano 2018 celebramos a undécima edición das limpezas simultáneas de río. Son xa once anos nos que centos de persoas teñen participado nesta xornada de retirada de lixo dos nosos cursos fluviais. Miles de quilos de residuos foron quitados dos nosos ríos e ribeiras polo voluntariado participante.
O domingo 30 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Na web da limpeza iremos informando da XI Limpeza Simultánea de Ríos.
Anímate a participar!!
Chama ou envía un e-mail aos seguintes contactos:
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038

e-mail: pacobanhobre@adega.gal

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal