ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Descortizamento no Sobreiral do Arnego

22-07-2018 / 22 de xullo de 2018

Descortizamento no Sobreiral do Arnego

Continuamos durante o mes de xullo con máis actividades do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego que conta co apoio da Fundación Biodiversidad.
Será o 22 de xullo cando se faga unha actividade demostrativa da retirada da cortiza das sobreiras. Será na Zarra da Pena, finca custodiada por ADEGA e lugar onde se se densevolven as actividades do proxecto.
Esta é unha activiade gratuíta na que todas as persoas interesadas poden participar, mais é preciso inscribirse xa que as prazas son limitadas.
Punto de encontro: Area de lecer de Carmoega.
O programa provisional é:
10:30 Presentación da activiadde. O descortizamento da sobreira.
11:00 Saca da cortiza do Sobreiral do Arnego
14:30 Xantar de campo
16:00 Elaboación de cortizos
Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez
ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal