ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Eliminación e EEI nas lagoas de...

13-09-2020 / 13 de setembro de 2020

Eliminación e EEI nas lagoas de Xuño e Muro

O domingo 13 de setembro de 2020 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras na contona das lagoas de Xuño e Muro (Porto do Son) na ZEC de Corrubedo. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo do noso litoral cun elevado valor ambiental.
A actividade será na contorna das lagoas e actuarase coas especies de Cortaderia selloana, Arundo donax, Conyza canadensis e Pittosporum tobira alí presentes en quendas anteriores. O programa provisional é:
10:30 Introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras.
11:00 Traballos de eliminación de flora exótica
15:00 Xantar
16:00 Roterio polas lagoas
18:00 Remate da xornada
O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos.
A actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse:
981 57 00 99 / 619 672 038
inscricions@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal