ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / XIV Encontro de Voluntariado do Proxecto...

16-06-2018 / 16 de xuño de 2018

XIV Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

O 16 de xuño de 2018 desenvolvemremos os XIV Encontros de Voluntariado do Proxecto Ríos. Continuaremos realizando unha descuberta de biodiversidade ou Biolbitz, desta volta polas ribeiras do río Verduxo en Pontecaldelas.
Contaremos coa participación e colaboración do Colectivo A Rente do Chan de Pontecaldelas.
Programa Provisional:
10:00 Encontro en Pontecaldelas na Ponte do río Verduxo.
10:15 Presentación da actividade
10:30 Inicio da descuberta de biodiversidade
14:30 Xantar de campo
16:00 Posta en común
17:00 Remate da actividade
Para participar nesta actividade é preciso inscribirse xa que as prazas son limitadas. Podedes facelo chamando aos teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038 ou no e-mail: pacobanhobre@adega.gal
A actividade durará todo o día e faremos un xantar de campo ao que convidará o Proxecto Ríos.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal