ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Curso de bioapicultura 2018 na Eira da Xoana

Do 26-05-2018 ao 27-05-2018

Curso de bioapicultura 2018 na Eira da Xoana

A Bioapicultura consiste en:

  1. Axudar ás abellas a manter a temperatura óptima no seu “útero social” onde ten lugar a incubación das futuras abellas.
  2. Permitir e axudalas a facer a súa propia cera na cámara de cría.
  3. Intervir o menos posible no enxame e diagnosticar a súa situación polos seus síntomas externos.
  4. Con todo elo, axudaremos ás abellas a defenderse por si soas da maioría das doenzas
  5. O corpo da cámara de cría está composto por 2 medias alzas nas que se dispoñen 11 cadros Dadant en disposición quente con unha pequena tira de cera na parte superior para que sirva de pauta de construcción dos novos panais.
  6. O fondo da colmea sera sanitario con bandexa extraible para poder determinar a incidencia de varroa.
Eira da Xoana 2018: O Curso de Bioapicultura 2018 terá lugar na Eira da Xoana e a abellariza de prácticas atópase no Batán, ao pé do río onde se xunta o Pambre co Ulla. Días:
  • 26 e 27 de maio de 2018
  • 15 e 16 de setembro de 2018
LugarO que este curso inclúe:
  • As persoas que superen o curso poderán participar no Programa de Investigación e Experimentación en Apicultura (Programa MENA) para poder estar exentas do tratamento anti Varroa.
  • Asesoramento gratuito durante o ano apícola 2018.
Importe O custo do curso son 95€. Para @s soci@s de ADEGA, APEGA, AGA, COBGA e afiliad@s ao SLG e FRUGA o prezo sería de 85€ se se fai o ingreso antes do 14 de maio de 2018. Despois desta data o custo sera de 95€. Nº máximo: 25 persoas.

Solicítanos información sen compromiso a bioapicultura@bioapicultura.org e te informaremos de todos os detalles e novidades sobre o Curso de BIOAPICULTURA 2018.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal