ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / En galego, día a día: 17-M...

17-05-2018

En galego, día a día: 17-M maniféstate pola lingua!

Este 17M ás 12h dende a Alameda de Compostela, estades convocad@s á manifestación en defensa da nosa lingua.

En ADEGA apoiamos esta convocatoria e participaremos cunha faixa propia. Quedamos na fonte da Alameda ás 11:45.

Asemade, aproveitaremos a xornada para recoller sinaturas a prol da ILP en defensa do bosque autóctono, cunha mesa na Quintana ao final da manifestación. Se queredes botar unha man ligade co 628378804.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal