ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Presentación da ILP do bosque en Vilar de...

13-04-2018

Presentación da ILP do bosque en Vilar de Santos, Sarria e Vigo

O vindeiro día 13 de abril, Cousa de Raíces e a Alianza por un rural galego vivo presentarán a ILP na defensa do bosque en Vilar de Santos, na Arca de Noe, ás 20 horas. Tamén se proxectará o documental de Adrián González, "As Neves, Zona 0". No acto participará Xosé M. Romero, en representación de ADEGA, como unha das entidades promotoras da ILP.

Este venres, 13 de abril, a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais, promovida polas 60 entidades que conforman Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, presentarase en diversos puntos da nosa xeografía.

Ás 19 horas, Adela Figueroa de ADEGA presentará a proposta lexislativa na sede da Asociación Buril de Sarria (Lugo), onde o axente forestal Manuel Maceda tamén impartirá unha charla.

Ás 20 horas do mesmo día, a ILP exporase na Arca de Noe, do concello de Vilar de Santos (Ourense), completando o evento coa proxección do documental “As Neves, Zona Cero”, de Adrián González. Nesta ocasión presentará a ILP Xosé Romero de ADEGA.

E ás 21 horas dese venres, o Centro Recreativo, artístico e cultural do Coruxo de Vigo, acollerá a presentación da ILP do bosque a cargo de membros de ADEGA-Vigo. César Lema completará a xornada cunha charla sobre bosques autóctonos “comestibles”. Durante a celebración destes actos recolleranse sinaturas de apoio á ILP.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal