ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Eliminación de flora exótica...

07-04-2018 / 07 de abril de 2018

Eliminación de flora exótica invasora en Fisterra

O sábado 07 de abril de 2018 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental.
A actividade será na praia do Rostro e actuarase coas especies de Yucca gloriosa alí presentes.

O programa provisional é:
10:30 Introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras.
11:00 Traballos de eliminación de flora exótica
15:00 Xantar
16:00 Remate e pequeno roterio polas microrreservas de flora
O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos.
A actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse:
981 57 00 99 / 650 261 283
viqui@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal