ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornadas sobre a seca en Galiza

21-12-2017

Xornadas sobre a seca en Galiza

Xoves 21 de decembro de 9:30 a 14:30. Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. A Coruña.

OBXECTIVO: Poñer en claro cais son as problemáticas que teñen que ver coa seca, como elemento condicionante no Dereito Humano á Auga en todo o mundo e, desgraciadamente, tamén en Galicia nos últimos meses. Determinar en que medida os problemas relacionados coa seca veñen dados por unha mala xestión e/ou por outras causas máis externas (cambio climático). Pretendemos abordar o problema de xeito interdisciplinar, dende un punto de vista técnico, pero servindo de ponte entre a sociedade civil e este ámbito máis técnico. Tratamos de traer a persoas que teñan algo que dicir sobre o tema de seca (tanto por ser afectadas directas como por ter estudado causas, efectos ou solucións á mesma). 

PÚBLICO AO QUE SE DIRIXE:  Persoas de concellos (técnicos e políticos), que en última instancia teñen que asegurar o acceso. Persoas de xuntas de auga rurais ou asociacións de veciñxs especialmente afectadas, que teñan este espazo para interactuar con expertas, expoñer dúbidas e necesidades. Estudantes da Escola de Camiños e do resto do campus da UDC. Sociedade civil en xeral.
ENTRADA LIBRE.

PROGRAMA:

9:30 PRESENTACIÓN

10-12 PALESTRA SOBRE CAUSASE SOLUCIÓNS

  • Cambio climático Juan Añel. Investigador e profesor da Universidade de Vigo
  • Deficiencias en xestión do recurso hídrico. Por confirmar.
  • A terra dos mil ríos. Perda da cultura da auga en Galicia. José Manuel Vázquez. Antropólogo. Profesor xubilado de prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela.
  • As administracións públicas na xestión da auga en Galicia. Por confirmar.
  • Participación, transparencia e boa gobernanza na xestión da auga. Miño Guerreiro. Presidente de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
12-12:30 DESCANSO. Café e auga (de xerra)

12:30- 14:30 PALESTRA SOBRE EFECTOSE MEDIDAS PALIATIVAS
  • O acceso á auga no rural. Rafael Carrera. Presidente de COXAPO
  • A seca na actividade agropecuaria. Por confirmar
  • Escaseza de auga na área urbana. María García Gómez. Concelleira de medio ambiente e mobilidade sostible do Concello da Coruña
  • Auga e enerxía. Por confirmar
  • Ecosistemas e seca. Verónica Torrijos.  ADEGA
  • Vivir con 50 l de auga ao día? Veremos un video facilitado polo periodista David Pou, autor desta experiencia
14:45 PETISCOS

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal