ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Elaboración dun viveiro para a...

02-11-2017

Elaboración dun viveiro para a reforestación do Monte da Fraga

Elaboración dun viveiro para Reforestación Monte da Fraga (A Coruña)

Data: 02 novembro 2017, 16:30 h
Punto de encontro: Porta cafetaría Fac. de Ciencias (A Zapateira)
Imparte: ADEGA
Prazas limitadas.
Inscricións en: oma3@udc.es

A prevención dos incendios ten lugar todo o ano!
Na primavera teremos a ocasión de participar como voluntarios/as na erradicación de rebrotes de eucalipto e outras invasoras exóticas en moitos montes queimados, e precisaremos de planta de árbores autóctonas para reforestar estes espazos.
Pero para iso, temos que reaxir agora!: como crear un viveiro é o obxectivo deste obradoiro que non se pode facer agardar no tempo. Sexa como voluntario/a ou como particular que quere criar o seu viveiro, esta é a túa oportunidade.

Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello de A Coruña.

Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente.

http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf (Anexo I, punto 7)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal