ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Novo campo de voluntariado ambiental en...

Do 03-10-2017 ao 05-10-2017

Novo campo de voluntariado ambiental en Sálvora para a eliminación de invasoras

Do 3 ao 5 de outubro, continuaremos cos traballos de eliminación de invasoras en 2015 en Sálvora así como estudo e mantenemento das charcas temporais na illa.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un espazo natural cun importante valor para a conservación da biodiversidade, é por iso que é un dos dous Parques coa denominación Marítimo – Terrestre do Estado. Nestes espazo protexido tanto os ecosistemas acuáticos como os terrestres destacan polo seu valor ecolóxico e pola necesidade imperiosa da súa conservación.

As especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda causa de extinción de biodiversidade no planeta, porén esta ameaza chega a ser a principal causante da perda de especies nas illas. Nestes ecosistemas tan singulares a introdución de EEI, é moito máis daniña, e por tanto máis importante a súa eliminación e control.

O Parque Nacional galego posúe lamentablemente diversas especies invasoras tanto de flora como de fauna, que levaron a desenvolver ao longo dos anos programas e investigacións centradas no seu control. Unha parte destes programas é a centrada na divulgación da problemática entre a cidadanía, e a creación de espazos de participación como é o voluntariado ambiental.  

ADEGA conta cunha ampla traxectoria na xestión de voluntariado en toda Galiza, especialmente no traballo con especies exóticas invasoras, é por iso que organiza un novo campo de tres días para traballos voluntarios na illa de Sálvora.
O campo comezará o martes 3-O á tarde co desprazamento até a illa de Sálvora. Unha vez alí realizarase unha charla formativa sobre o proxecto e as actividades de eliminación de EEI. O mércores 4 están programados os traballos de campo para os cais os/as participantes dividiranse en varios grupos. O xoves 5 haberá unha posta en común e unha avaliación dos traballos realizados. Ademais haberá actividades complementarias como roteiros pola illa ou observación de aves e cetáceos (se o tempo o permite).

Nesta actividade participarán 12 persoas voluntarias, que contarán con seguro de accidentes, comida e aloxamento na illa. O custo é de balde e as prazas son limitadas.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal